Xadrez Ourense Division de honraAjedrez Es noticia 

Frenazo nas aspiracións do Xadrez Ourense na División de Honra

Xadrez Ourense “A” cedeu un empate ante o incómodo Chantada comandado por Pétkov e Stríkovic

Liga Galega de Clubs de xadrez 2018

O Sábado 24 de febrero disputouse a 4ª xornada da Liga Galega de clubs en todas as súas categorías, na máxima división, a División de Honra, os conxuntos ourensáns daban un pequeño frenazo de cara as súas respectivas aspiracións.

Xadrez Ourense Division de honra

Así, o Club Xadrez Ourense, que ata entón era líder provisional, cedía un empate no seu propio feudo ante o Círculo de Chantada, (incómodo rival capitaneado polos grandes Mestres Pétkov e Stríkovic), a pesar dos triunfos dos irmáns Gómez Diéguez, David e Adrián que están nunha excepcional forma, e dos empates de Yudania Hernández e José Saavedra, os ourensáns non foron quen de arrancar máis puntos, sobre todos nos taboleiros dos extranxeiros do Círculo Chantadino, e únicmente sumaron esos 3 puntos que convertiron o marcador final nun empate, que malia que non era o resultado desexado, serve para seguir sumando e mantén as aspiracións de cara a obtención do título, intactas, como confirma o dato de que malia ceder o liderado, únicamente está a medio punto do Xadrez Galego, vixente líder tras a 4ª xornada.

Pola súa parte o Liceo de Ourense, cedía por un abultado 0.5 a 5.5 ante o Universidade de Vigo, e novamente achégase, ainda que sin perigo polo momento, as posición de perigo, o único empate liceísta viña obtido polo seu Mestre Cubano, Arián González.

Primeira división

Xa na primeira División foi unha xornada bastante positiva para os equipos ourensáns, destacando a Goleada do Xadrez Ourense “C” ante o Mosefesa de Vigo por 4 a 0, e a victoria a domicilio do Universitario de Ourense ante o Alekhine en Vigo por 1 a 3. Pola súa parte o Xadrez Verín segue dando pasos firmes de cara a súa permanencia na recén estrenada categoría e empataba ante o Xadrez Bueu, 2-2, mentres que o Xadrez Ourense “B”, cedía, pero solamente pola mínima, ante o Líder Marcote, 1.5 a 2.5

Segunda división

Xa na Segunda División hai que salientar a victoria do Benchoshey en Valdeorras por 1 a 3 o que ratifica aos de Pereiro de Aguiar no liderato. Outros derbis provinciais foron os que enfrentaron a Xadrez Ourense “E” con A.P. Bande que se resolveu con victoria do xoven conxunto filial por 3.5 a 0.5 ou o que enfrentou a Xadrez Celanova con Universitario de Ourense “B” que ramatou con empate a 2 tantos, sen esquecerse do terceiro derbi entre Verín “B” e Ateneo de Ourense, que tamén se resolveu en empate a 2. Pola súa parte o Xadrez Ourense “D” caía ante o Chantada “B” por 1 a 3.

Noticias relacionadas