Festival Internacional de Xadrez 2017Ajedrez Destacado Es noticia 

Expourense acolle o X Festival Internacional de Xadrez

Un evento que xuntará perto de 300 xóvenes xadrecistas de Galicia, Castela León e Portugal

X Festival Internacional de Xadrez “Ourense 2017 – DEPORTE E CIENCIA PARA A XUVENTUDE”

O vindeiro Domingo 29 de outubro de 2017 a partir das 11.00 horas celebrarase a décima edición do Festival Internacional de Xadrez Deporte e Ciencia para a Xuventude, un evento que, como ven sendo tradicional nas últimas edicións, xuntará perto de 300 xóvenes xadrecistas de Galicia, Castela León e Portugal.

O evento será unha das últimas probas puntuables para o Circuito Galego de Promoción 2017 (Proba oficial da Federación Galega de Xadrez e destinada a xoves xadrecistas de entre 6 e 18 anos) así como unha das máis participativa de todas cantas se realizan na nosa autonomía pertencentes a este circuito .

Dará comezo ás 11.15 h. coa benvida aos participantes e indicación das sinxelas directrices técnicas por parte da organización.

A competición xogarase por Sistema Suizo a 7 roldas.

Os sistemas de desempate serán: Bucholz-1 (Brasileño) , nº de victorias, progresivo.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario