X Festival Internacional de Xadrez 2017Ajedrez Destacado Es noticia 

Éxito participativo no X Festival Internacional de Xadrez

X Festival Internacional de Xadrez

O domingo 29 de Outubro Expourense acolleu a décima edición desta xa “clásica” proba de xadrez para xóvenes, que se está a converter nun referente anual dentro do noroeste peninsular, xóvenes de entre 6 e 18 anos procedentes de toda Galicia e incluso Castela León e Portugal, abarrotaron a sala de competicións de Expourense nuha xornada onde cantidade e calidade camiñaron en estreitamente vencelladas.

Club Deportivo Xadrez Ourense como organizador da parte técnica e en colaboración co recinto de feiras e Exposicións de Ourense e, grazas ao patrocinio do Consello Municipal de Deportes de Ourense, (representado durante a xornada polo seu concelleiro Mario Guede), e por suposto, grazas aos 250 participantes que alí se reuniron, fixeron posible que, un ano máis, esta proba oficial puntuable pertencente ao Circuito Galego da Federación Galega de Xadrez, voltase a ser a máis concurrida de todas cuantas teñen lugar ao longo e amplo da xeografía Galega entre Maio e Novembro, sendo 19 probas puntuables as que compoñen este circuito.

Gabriel Roma Barge (Club Xadrez Ourense) en sub-18, Mateo Díaz Gómez (Club Xadrez Ourense) en sub-14, Marta Quintas Fernández (Escola Luguesa) en sub-12, Heriberto Rubial Blanco (Ponferrada) en sub-10 e César Oubiña Pazos (Cambados) en sub-8 foron es vencedores de cada unha das cinco categorías en litixio.

Club Deportivo Xadrez Ourense, foi unha vez máis a entidade máis galardoada con 5 pódiums dos 25 premios especiais que se entregaron (aos 5 primeiros de cada unha das 5 categorías).

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: