Martin GómezAjedrez Es noticia 

Excelente resultado de Martín Gómez no Open Internacional de Carballo

O xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense rematou no 3º posto por diante de varios titulados internacionais

Open Internacional de Carballo

Martin GómezEntre os días 8 e 10 de Decembro tivo lugar a 1ª edición do Open Internacional da coruñesa vila de Carballo, evento ao que se desprazou unha xoven representación da “embaixada ourensana”.

Martín Gómez realizou unha excelente actuación rematando no 3º posto, con 4.5 puntos (+27 ELO), dunha difícil proba, na que se deron cita experimentados participantes como o Mestre Internacional cubano Arián González, que finalmente se proclamou vencedor, ou os Mestres españois Marcial García ou Diego Espiñeira, que pese á súa contrastada experiencia finalmente remataron por detrás do xoven xadrecista ourensán.

Un novo éxito para Martín neste sensacional ano 2017, no que xa obtivo dous metais a nivel nacional (ouro en xuño e bronce en xullo), o entorchado autonómico Sub-14, o triplete provincial (Sénior, Cadete e Infantil) e no que tamén cabe salientar a súa participación no campeonato de Europa Individual de Rumanía o pasado mes de Setembro.

Entre o resto dos participantes ourensáns hai que salientar as positivas actuacións dos xovencísimos Tristán Alonso (Xadrez Verín) e Laura Gómez (Xadrez Ourense), que con 3.5 e 3 puntos, respectivamente, completaron unha moi meritoria actuación.

Noticias relacionadas