Ajedrez Destacado Es noticia 

El ajedrez ourensano brilló en la X Copa Maristas Galicia

X edición da Copa Maristas Galicia de Xadrez

O sábado día 2 de Xuño tivo lugar no pavillón polideportivo do Colexio Maristas de Ourense a X edición da Copa Maristas Galicia de Xadrez, destinada a xóvenes con idades entre os 6 e 18 anos. Arredor de 250 xóvenes de toda Galicia e Portugal abarrotaron a pista do polideportivo Marista nunha xornada de “deporte-ciencia”, cultura e convivencia.

O torneo pertence ao Circuito Galego de Xadrez, e un ano máis é a proba puntuable máis participativa de todas cuantas se disputan ao longo e ancho da xeografía Galega, a competición estivo dividida en 5 categorías e contou coa presencia dunha cuarentena de xadrecistas con ránking internacional.

O saque de honra fíxose a cargo dos membros do Club e Colexio anfitrión, e na clausura estiveron presentes unha ampla representación de autoridades e patrocinadores do evento.

Os clubs ourensáns colleitaron boa parte dos metais e obtiveron 11 dos 25 podios en litixio, sendo o Club Xadrez Ourense o club máis galardonado con 6 premiados.

En categoría Sub-18 venceu Martín Gómez Carreño, seguido de Gabriel Roma e de Mateo Díaz, todos eles compañeiros no Club Xadrez Ourense.

En Sub-14 o vencedor foi Marcos Reza Salgado (Universitario de Ourense), seguido do seu compañeiro de equipo César Pérez e de Marcos Vázquez (Xadrez Ourense).

En Sub 12 o vencedor foi o Pontevedrés Xabier Pérez Sousa. Seguido do Coruñés David Cernadas e do Vigués Javier Caudete.

En Sub-10 foi campeón Brais Moreira Novo (Pontevedra), seguido de Pura Diéguez Nóvoa, (Xadrez Benchoshey) e do Coruñés Iago Fernández Ramos. o Compostelán David Buitrón (Gallecia) obtivo a victoria con 6.5 puntos, nunha categoría que estivo moi igualada e disputada de principio a fin.

En categoría Sub-8 o campeón foi Breixo Vidal Salgueiro (Pontevedra), seguido de Luis Telmo Santalices (Xadrez Ourense) e do Portugués Pedro Pimparell.

O Club Deportivo Xadrez Ourense foi a entidade máis galadonada con 6 dos 25 premios en litixio.

Ademais dos premios aos 25 gañadores, todos os participantes obtiveron premios conmemorativos e participaron no sorteo final de importantes regalos.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.