Ajedrez Es noticia 

David e Adrián Gómez (Xadrez Ourense) subcampeóns de España Universitarios

David e Adrián Gómez, do Xadrez Ourense, subcampeóns de España Universitarios

Entre os días 5 e 7 de Maio tivo lugar en Madrid o Campeonato de España por Universidades de todo o panorama estatal. Os xadrecistas do Club Deportivo Xadrez Ourense David e Adrián Gómez Diéguez, formaban parte do combinado presentado pola Universidade de Santiago de Compostela, entidade que se proclamou subcampeona de España na clasificación xeral combinada.

Completaron o quinteto os pontevedreses Lucas Abal e Julio Suárez e o Coruñés Manoel Rodríguez, un excelente quinteto, todos eles en idade todavía universitaria e que militan todos eles, como no caso dos irmáns ourensáns, en diferentes conxuntos da División de Honra Galega.

Campeonato Provincial Escolar por Equipos 2017
(A.V.V. de Barrocás, os días 14 e 18 de Maio)

Os días 14 (Domingo) e 18 (Xoves) terán lugar nos locais da Asociación de Veciños de Barrocás os camponatos provinciais escolares  por equipos 2017, relativos ás categorías Benxamín (Domingo 14 a partir das 11.30 horas), Alevín (Domingo 14 a partir das 17.00 horas) e Infantil mixto e feminino (xoves a paritr das 18.30 horas).

A dirección deportiva correrá a cargo do Club Deportivo Xadrez Ourense e a organización e premios do evento correrán a cargo da  Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: