Completada la cuarta ronda del Torneo Internacional Aninovo Barrocás de Ajedrez

Estase a disputar desde o 26 de decembro ó 5 de xaneiro

XXX Torneo Internacional Aninovo Barrocás de Ajedrez

A última hora de onte día 29 de decembro completouse a cuarta rolda do Torneo Internacional Aninovo de xadrez que estase a disputar no local da AA.VV. de Barrocás.

Cartel-Aninovo-Barrocas-2014

Esta cuarta rolda deparounos momentos de moita intensidade e foi representativa do alto nivel e  igualdade que se está vivindo nesta edición do Aninovo durante a súa primeira metade. O doble duelo entre líderes rematou en armisticio tras dura batalla de casi catro horas en ambos taboleiros, David Gómez non lograba pasar do empate ante Alejandro De León, a pesar de manter peza de máis durante parte da partida e Carlos Martínez e Xavier Gómez esgotaron todolos seus recursos para rematar en táboas.

A estos catro xadrecistas que agora marchan con 3.5 puntos dos 4 posibles, únense outros tres xadrecistas que onte conseguiron importantes victorias: David Baltar que conseguía doblegar ao xoven Alejandro Cervigni, Rafael Outomuro que tras unha bonita partida lograba superar ao forte cadete Miguel Puga e Adrián Gómez que tras pasar varias horas apretado contra as cordas por Alfonso Agra lograba impoñerse na recta final da partida. Así pois son sete os xadrecistas que chegan con 3.5 puntos e compartindo liderato ao ecuador do torneo e recibirán o ano e a recta da final da competición deparándonos batallas de moita intensidade.

Destacan os duelos entre David Baltar e Xavier Gómez, David Gómez e Rafael Outomuro, Adrián Gómez e Alejandro De León, David Baltar e o importante duelo entre xogadores de categoría cadete entre o Ourensán  Gabriel Roma e o Barcelonés Carlos Martínez.

O Torneo Internacional reanúdase o vindeiro día 3 ás 20.00 horas. Pola súa parte os máis cativos (prebenxamíns, benxamíns e alevíns), terán a súa oportunidade na matinal e na tarde do día 3 e tamén pola mañá do Domingo día 4. Xa son casi 150 os inscritos, co cual a participación final do evento xeral rondará os 210 xadrecistas.

O calendario é o seguinte:

1ª Rolda: Venres 26 de Decembro 20.00 h.
2ª Rolda: Sábado 27 de Decembro 17.00 h.
3ª Rolda: Domingo 28 de Decembro 17.00 h.
4ª Rolda: Luns 29 de Decembro 20.00 h.
5ª Rolda: Sábado 3 de Xaneiro 20.00 h.
6ª Rolda: Domingo 4 de Xaneiro 17.00 h.
7ª Rolda: Luns 5 de Xaneiro 16.00 h

En este inicio entrarán en competición desde la categoría infantil hasta la absoluta estando progrado para el sábado 3 el torneo benjamín y prebenjamín y para el domingo 4 la categoría alevín.

 

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: