Novo.Local.de.Competicións.Club.Xadrez.Ourense.Ajedrez Es noticia 

Club Deportivo Xadrez Ourense debutará na súa nova sede de competicións

Club Deportivo Xadrez Ourense debutará na súa nova sede de competicións

O Club ourensán, que este ano militará en 1ª Nacional de Clubs, xogará a Liga Autonómica no Salón de Actos de ABROS

Club Deportivo Xadrez Ourense segue avanzando e nesta ocasión ven de asinar un convenio de colaboración coa clínica veterinaria ABROS, para empregar na competición ligueira o impecable e moderno salón de actos desta empresa ourensana ubicada nas aforas da nosa cidade, sede pola que pasarán as mellores escuadras de Galicia, dentro da División de honor.

Novo.Local.de.Competicións.Club.Xadrez.Ourense.

Unhas instalacións modernas, diáfanas e moi amplas, cunha impecable iluminación e perfectamente adaptadas para persoas con discapacidade, todo isto nun tranquilo entorno alonxado dos ruidos da cidade, feitos que sen dúbida facilitará a concentración do grande número de xadrecistas que disputará a liga Autonómica de Clubs, entres os meses de Xaneiro a Abril, sempre que Club Deportivo Xadrez Ourense exerza como Club local.

A Entidade deportiva ourensana deberá acoller amplas xornadas ligueiras contando cos seus 5 equipos que actúen como locais e os 5 conxuntos visitantes, casi medio centenar de xadrecistas por xornada, moitos deles moi experimentados e con titulación internacional, nas categorías superiores.

Como exemplo, o vindeiro sábado día 26 e na 1ª xornada de liga, visitarán a nova sede, entre outros, o Xadrez Verín “A”, que debuta na división de Honra e xunto cos anfitrións son as dúas únicas escuadras da nosa provincia dentro da División de Honra Galega, tamén visitarán este sábado o salón de actos de ABROS, entre outros, escuadras como o Xadrez Tui, ou o Xadrez Celanova.

A nivel autonómico o Club Xadrez Ourense conta cun equipo na División de Honra, dous en primeira, outro en segunda e outro en terceira, sen esquecerse de que en este ano 2019 a entidade ourensana disputará co seu primeiro equipo a Liga de 1ª Nacional, categoría á que ascendeu o pasado Agosto, no Nacional de Linares.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: