Xadrez.Ourense.A.vs.Xadrez.Verín.A.División.de.Honra.Ajedrez Destacado Es noticia 

Arrancó la Liga Gallega de Clubs de ajedrez con derbi ourensano

Estrénase a Liga Galega de Clubs de xadrez 2019

  • O Xadrez Verín chega para quedarse na División de Honra autonómica
  • Os verinenses, arrancan 2.5 puntos na súa visita ao Xadrez Ourense “A”, no derbi provincial da máxima categoría

O pasado sábado día 26 de Xaneiro púxose en marcha a Liga Galega de Clubs de Xadrez, que nesta edición de 2019 conta con máis de 200 equipos en competición, repartidos en 5 categorías, participando en dita competición cada sábado, de Xaneiro a Abril, máis de 1000 xadrecistas en toda Galicia.

Na División de Honra o Club Xadrez Ourense “A”, que ademáis de xogar a tradicional Liga Galega en 2019, disputará a Liga de 1ª División nacional en 2019 comandado por Iván Salgado, recibía na súa nova sede do Salón de Actos de ABROS, e no derbi provincial ao outro conxunto da provincia na División de Honra autonómica, o recén ascendido Club Xadrez Verín “A”, un conxunto sólido e reforzado, comandado polo varias veces campéon de España, o G.M. David Lariño, que dada a importancia do encontro realizaba unha viaxe “express” de ida e volta desde Xibraltar, donde está competindo entre os días 21 e 31 de Xaneiro, no prestixioso Open Internacional de Xibraltar, o Grande Mestre Español non quixo perderse o inicio ligueiro co seu novo equipo de Verín. Os verinenses plantexaron unha batalla sin complexos  ao Xadrez Ourense “A” e pudemos disfrutar dunha femrosa xornada de xadrez, o resultado final foi de 3.5 a 2.5, o que sitúa aos Ourensáns coa súa primeira victoria no casilleiro e aos de Monterrei sumar 2.5 importantes puntos, ante un dos favoritos, no seu obxectivo de permanencia na máxima categoría.

Xadrez.Ourense.A.vs.Xadrez.Verín.A.División.de.Honra.
Xadrez Ourense “A” vs Xadrez Verín “A” (División de Honra)

Por taboleiros, as victorias verinenses foron para David Lariño no 1º taboleiro (tras 4 horas e media), e de Oscar Martínez no 5º, mentres que Pedro Gil obtiña unhas táboas na 4ª mesa, por parte dos locais, victorias dos irmáns Gómez Diéguez (Adrián e David), recentemente titulados como Mestres FIDE, empate de Yudania Hernández en mesa 4, e victoria de Alejandro De León no 6º taboleiro.

Xa dentro da Primeira División, hai que salientar o empate, no seu estreno na 1ª División, do recén ascenido Equipo do Benchoshey Sénior (Pereiro de Aguiar), ante o sempre difícil Alekhine de Vigo (2-2), idéntido resultado colleitou o Liceo de Ourense ante o Marcote-Hotel Cemar de Mondariz, (2-2). Por outra parte cabe destacar a victoria do Xadrez Ourense “C” ante o Xadrez Ourense “B” por 2.5 a 1.5 no derbi provincial que nos deparaba a categoría nesta xornada de incio,  e finalmente mencionar a derrota do Universitario de Ourense en terras de Nigrán por 3 a 1.

Na Segunda División autonómica, os resultados no que aos equipos da nosa provincia atinxe, foron os seguintes: Valdeorras vs. Chantada “B” (2-2), Benchoshey Fischer vs. Xadrez Mos “C” (2-2), Xadrez Ourense “E” vs. Xadrez Tui  (1.5 – 2.5), Lalín vs. Xadrez Bande (2-2), Ateneo de Ourense vs. Universitario de Ourense “B” (3-1) e Xadrez Celanova “A” vs. Xadrez Monforte (2.5 – 1.5).

Por outra parte e xa dentro da Terceira División autonómica, os resultados dos encontros nos que tomaron parte escuadras da nosa provincia, foron os seguintes: Benchoshey Lasker vs. Benchoshey Kaspárov (3.5 – 0.5),  Xadrez Ourense “D” vs. Celanova “B” (3-1), Xadrez Verín “C” vs. Xadrez Verín “B” (4-0), Liceo “B” vs. Universitario de Ourense “C” (4-0), Chantada “C” vs. Xadrez Valdeorras “B” (2-2).

Neste fin de semana, tamén hai que facer mención á Liga Provincial por equipos (competición que tamén depende da Federación Galega de Xadrez), e que xa disputada e concluida na matinal do 26 de Xaneiro rematou coa victoria do Club Xadrez Ourense “F” con 14.5 putnos,  seguido do Xadrez Ourense “H” con 13.5 puntos, e do Benchoshey Alekhine con 13 putnos, nunha bonita competición que reuniu a medio centenar de participantes a con ata nove xóvenes equipos da nosa provincia en competición.

Noticias relacionadas