O xadrez reúne en Expourense a 250 mozos e mozas de toda Galicia e Portugal

Baixo o lema “Deporte e Ciencia para a Xuventude” celebrouse hoxe en Expourense á sétima edición do Festival Internacional de Xadrez “Ourense 2014”. Este torneo foi proba puntuable do Circuíto Galego 2014, que se ven disputando dende Maio ata Novembro por toda a xeografía galega.

Xadrez Expourense

Organizado por Expourense, co patrocinio da Concellería de Deportes de Ourense, coa colaboración da Xunta de Galicia e coa dirección técnica do Club Xadrez Ourense, a cuarta edición deste Festival contou con 250 participantes, xoves de entre 6 e 16 anos, escolares e federados procedentes de toda Galicia e Portugal. Moitos deles compartiron un día de deporte en familia xa que foron numerosos os pais e nais que acompañaron aos xogadores durante toda a xornada.

Os clubes que contaron con maior participación foron o Xadrez Ourense, Casa da Xuventude Ourense, Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa, Ferrol, Círculo Chantadino de Xadrez, Ben-cho-sey,, entre outros. Destacou a importante afluencia de xogadores de Portugal que pertencían aos clubes de Porto, Mirandela, Vilapouca de Aguiar e Rebordechao.

O futuro do xadrez galego está máis ca garantizado xa que a categoría máis concorrida, rondando os 70 xogadores, foi a Sub-8, a dos máis pequenos, seguida en número de participantes pola Sub-10.
Os tres primeiros clasificados (déronse cinco premios por categoría) foron:

– Categoría Sub-8:

1º posto: Xavier Pérez Ochandategui: Círculo Chatandino de Xadrez.

2º posto: Carlota García González: Benchosey.

3º posto: Iria Rodríguez Iglesias: Fontecarmoa Vilagarcía.

– Categoría Sub-10:

1º posto: César Pérez Dapoza: Xadrez Ourense.

2º posto: Andrés Rodríguez Ferreirós: Fontecarmoa Vilagarcía.

3º posto: Marcos Vázquez Gómez: Xadrez Ourense.

– Categoría Sub-12:

1º posto: Martín Gómez Carreño: Xadrez Ourense.

2º posto: David Seoane Castilla: Círculo Ferrolano.

3º posto: David Buitrón Ramil. Gallecia Santiago.

– Categoría Sub-14:

1º posto: Marcos Boo Vallejo: Fontecarmoa Vilagarcía.

2º posto: Miguel Puga Sánchez: Casa da Xuventude.

3º posto: Alejandro Fernández López: Círculo Chantadino de Xadrez.

– Categoría Sub-16:

1º posto: Ángel Domínguez Fernández: Casa da Xuventude.

2º posto: José Ramón González Pérez: Universitario de Vigo.

3º posto: Adrián Gómez Diéguez: Xadrez Ourense.

O saque de honra correspondeulle ó concelleiro de Deportes de Ourense, Anfonso Vilachá, quen lle deu a benvida aos múltiples xogadores de fóra da cidades que acudiron acompañados polas súas familias. Os premios foron entregados polo concelleiro, pola directora adxunta de Expourense, Emma González, por un repsentante da Federación Galega de Xadrez e por directivos das empresas patrocinadoras do festival.

O evento contou con máis de 40 xoves deportistas con ránking internacional feito que, unido á calidade dos premios e a cantidade dos deportistas reunidos converteu a esta cita ourensá nunha das máis consolidadas e concorridas do calendario galego.

Participaron neste festival os xogadores nacidos dende o 1998 en adiante. A competición xogouse polo Sistema Suizo a 7 roldas, os emparellamentos foron confeccionados cos programas habituais. Obtiveron trofeos os dez primeiros clasificados de cada categoría. Todos os participantes recibiron un trofeo conmemorativo da súa participación neste festival. Houbo ademais numerosos sorteos e premios sorpresa entre os participantes como unha bici de montaña ou unha Tablet. Todos os participantes recibiron un trofeo pola súa participación.

 

Relacionado con: :