David Gomez Adrian Gomez Cto España Baeza Jaen Universitario 2018Ajedrez Destacado Es noticia 

Adrián Gómez Subcampeón de España Universitario de Xadrez

O xadrecista do Xadrez Ourense competiu en representación da Universidade de Santiago

Campeonato de España Universitario de Xadrez 2018

Un novo éxito para o xadrez Ourensán chegou dende Baeza (Jaén), onde tivo lugar o Campeonato de España Universitario de Xadrez entre os días 9 e 11 de Abril, no que tomaron parte ata 70 xadrecistas representantes de 22 universidades do panorama nacional.

O ourensán Adrián Gómez Diéguez (29.8.1998) rematou no segundo lugar da táboa clasificatoria pese a non partir entre os favoritos do ránking inicial, Adrián Gómez (Xadrez Ourense) realizou un excelente torneo, comandando aos xadrecistas que puntuaron para a Universidade de Santiago, finalmente subcampeona por universidades por detrás da UNED.

Completaron o conxunto santiagués Lucas Abal e Julio Suárez (Ambos do Fontecarmoa de Vilagarcía), Alberto Portela (Xadrez Pontevedra) e David Gómez (Xadrez Ourense), irmán de Adrián.

David Gomez Adrian Gomez Cto España Baeza Jaen Universitario 2018
Os irmáns David e Adrián Gómez no Campionato de España Universitario (Baeza, Jaen)2018

Para incidir máis no protagonismo ourensán no torneo, deuse a circunstancia de que o vencedor individual do Torneo, o experimentado Mestre Internacional Cubano, Arián González (UNED), milita no conxunto Ourensán do Liceo de Ourense nesta tempada 2018.

O protagonismo galego foi alto nesta cita xienense, xa que ata 6 dos 10 primeiros clasificados son xadrecistas nacidos en Galicia, (O citado subcampeón Adrián Gómez Diéguez, Daniel Táboas, Luis Marcos Medarde, Alberto Portela, Lucas Abal e Julio Suárez).

Noticias relacionadas