Ajedrez Destacado Es noticia 

Adrián Gómez se proclama subcampeón de España Universitario

Adrián Gómez Diéguez proclámase subcampeón de España

O Xoven xadrecista do Club Xadrez Ourense, empatou no 1º posto, no nacional para Universitarios de Alicante.

Hoxe Xoves día 11 remataba o Campionato de España de xadrez para deportistas en idade universitaria, disputado en Alicante os días 9, 10 e 11 de Abril.

Unha competición de moi alto nivel, na que ata 69 dos 72 participantes tiñan ránking internacional e ata 17 xadrecistas ostentaban titulacións internacionais de Maestría.

Adrián Gómez Diéguez, (Ourense 29.8.1998), que partía co número 13 do ránking inicial, realizou unha soberbia actuación, que culminou na matinal de hoxe Xoves superando con pezas brancas e nunha espectacular partida ao Mestre valenciano Francisco Sánchez, o que lle valía ao ourensán o empate no 1º posto, compartido con Suárez Uriel, que únicamente por escaso marxe de coeficiente, rematou por diante de Adrián Gómez, compartindo iso sí, ambos o primeiro posto, con 7.5 puntos dos 9 posibles.

Pola Súa parte o tamén Ourensán David Gómez Diéguez, (irmán de Adrián, Ourense, 6.6.1995), tamén realizou unha positiva actuación, rematando no 7º posto de entre os 72 participantes, con 6.5 puntos conseguidos.

Os irmáns Gómez Diéguez, militan ambos no equipo do Club Xadrez Ourense “A”, que no vindeiro mes de Agosto, xunto con Iván Salgado, entre outros, tomará parte na Liga Española de 1ª División, en Linares (Jaén).

Tamén hai que salientar, que os dous membros da saga Gómez Diéguez, obtiveron ao longo de 2018, as titulacións internacionais de Mestre Fide.

Por Universidades, e no relativo á clasificación combinada, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), conseguiu o primeiro posto, por diante da UNED e da Politécnica de Valencia.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.