ajedrez sportur expourense nacho regoAjedrez Destacado Es noticia 

A II edición do “Sportur Galicia” de Xadrez reuniu a máis de 120 xoves participantes

Xadrez Ourense con 10 premiados, Benchoshey con 8 e Universidade con 2, repartíronse os pódios.

A II edición do “Sportur Galicia” de Xadrez

O sábado 17 de novembro tivo lugar a 2ª edición do campeonato de Xadrez “Sportur Galicia”, celebrado no marco deste macro salón galego do deporte e do turismo activo, que tivo lugar ao longo dos días 15,16 e 17 de Novembro no recinto de feiras e exposicións de Ourense, (Expourense).

Esta 2ª edición do torneo de xadrez acolleu a máis de 120 participantes procedentes de numerosas escolas de xadrez de Ourense e provincia, correndo a dirección técnica e os arbitraxes a cargo do Club Deportivo Xadrez Ourense.

Sportur Expourense Foto Nacho Rego

Ainda que a principal intención deste torneo era a parte divulgativa e conseguir achegar o deporte do xadrez aos visitantes do salón “Sportur Galicia”, hai que facer mención ao alto nivel que se presenciou na cita, con máis de 10 xóvenes xadrecistas con ránking internacional.

Na categoría Sub-14 (Infantil), os premios foron para Miguel Reza (Universitario), Marcos Reza (Universitario), Laura Gómez (Xadrez Ourense), Marcos Vázquez (Xadrez Ourense) e Iván Dopazo (Xadrez Ourense). Dentro da categoría Alevín os cinco galadornados foron Marcos García (Xadrez Ourense), Manuel López (Benchoshey), Hugo Alcalde (Benchosey), Jorge Cid (Xadrez Ourense) e Alba Pérez (Xadrez Ourense).

ajedrez sportur expourense nacho rego

No tocante ás categorías dos máis xóvenes (Benxamín e Prebenxamín) os premiados repartíronse do seguinte xeito, en Benxamín (Sub-10) os cinco mellor clasificados foron Gabriel Alcalde (Benchoshey), Diego Martínez (Benchoshey), Iván Diz (Benchoshey), Jorge Centeno (Xadrez Ourense) e Nicolás Fernández (Xadrez Ourense), mentres que na categoría dos máis xóvenes (Sub8 ou prebenxamín), as 5 mellores puntuacións foron para Mateo Martínez (Benchoshey), Luca González (Benchoshey), Hugo Menor (Benchoshey), Antón Lorenzo (Xadrez Ourense) e Brais Martínez (Xadrez Ourense).

Xa por Clubs, Xadrez Ourense foi o máis galardonado con ata 10 premios, Benchoshey con 8 e finalmente, Universitario de Ourense obtivo 2 pódios.

Noticias relacionadas