xunta lete deputacion baltar pereiro menorActividades Es noticia 

Xunta y Deputación debaten el futuro de Complexo deportivo de Monterrei

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo hoxe unha xornada de traballo xunto ao presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Manuel Baltar e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luís Menor, para avanzar en proxectos de infraestruturas deportivas na provincia de Ourense, sinaladamente as actuacións que se estudan levar a cabo no complexo deportivo de Monterrei, no complexo deportivo e no futuro parque acuático, destinado á xeneralización da práctica da actividade deportiva e do ocio familiar.

Na xuntanza celebrada no Pazo Provincial tamén se abordaron as liñas de cooperación que veñen desenvolvendo conxuntamente nos últimos anos ambas administracións para seguir mellorando instalacións e servizos vencellados ao deporte nos concellos da provincia.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.