Actividades Es noticia 

Xornada de xestión deportiva municipal para pequenos e medianos concellos

Xornada de xestión deportiva municipal para pequenos e medianos concellos

A Deputación de Ourense colabora cunha acción formativa, organizada pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), para formar aos participantes en seguridade en eventos. Trátase dunha xornada de xestión deportiva municipal para pequenos e medianos municipios que ten como obxectivo “a formación das persoas responsables e implicadas na organización e administración de servizos e instalacións deportivas municipais, co fin de incrementar a eficiencia na xestión dos mesmos”, explicou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, na presentación do curso que tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, e no que tamén participou o presidente e o delegado en Ourense da Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), Eduardo Blanco e Fernando Alonso, respectivamente.

Pola súa parte, o presidente de Agaxede destacou que con este curso “visibilízase a importancia que ten a seguridade en calquera evento, por elo, traemos de novo a un dos maiores expertos que hai en Europa, José Luís Gómez”. Durante a xornada, ofrecerase aos municipios e as empresas participantes “as claves fundamentais para prever riscos e para elaborar plans de seguridade en caso de situacións de emerxencia”, explicou Eduardo Blanco.

A xornada, que terá lugar o día 23 de novembro na sede de Afundación Obra Social ABANCA (avenida de Pontevedra, nº 9 de Ourense), contará coa participación de expertos na seguridade en eventos, polo que, ademais dos concellos, tamén está dirixida a clubs, federacións, empresas de espectáculos, empresas de servizos deportivos e similares. O programa do curso comeza coa intervención de José Luis Gómez Calvo, quen falará do ABC da seguridade en eventos deportivos, posteriormente será a quenda para os relatores Eduardo Blanco Pereira e David Fabeiro Agraso que exporán a seguridade na Carreira Alternativa e, por último, volverá a intervir José Luis Gómez Calvo para falar do novo Plan de Seguridade MOT para eventos deportivos.

Os interesados en participar poderán inscribirse a través da páxina web www.agaxede.org. “O aforo é para 50 persoas, e temos inscritos xa máis de 30 persoas e esperamos completalo ata o vindeiro venres”, dixo Eduardo Blanco.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.