Actividades Destacado Es noticia 

O ximnasta Alejandro Cid entre os deportistas do calendario Coca-Cola ‘Galegos e campións’ 2018

Desde 2012 o número de deportistas incluidos no calendario ascende a 104, representado os éxitos do deporte galego

Calendario de Coca-Cola ‘Galegos e campións’ 2018

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, participou na mañá de hoxe na presentación da sétima edición do calendario de Coca-Cola ‘Galegos e campións’ 2018. Alí, acompañada dos deportistas que son imaxe desta nova edición do anuario, a titular de Deporte galego salientou que estes novos doce deportistas son “doce representantes de elite do noso deporte, doce historias de retos, de desafíos, de vitorias e de éxitos”.

Con estes nove doce deportistas que son: Alejandro Cid (ximnasia), Adrián Ben (atletismo), Paula Fernández (tiro olímpico), Tono Campos (piragüismo), Rodrigo Germade e Óscar Carrera (kaiak), Uxío Abuín e Inés Santiago (tríatlon), Mauro Rodríguez (natación), Patricia Juane (hípica), Lidia Parada (xavelina) e María Belén Toimil (peso), os calendarios ‘Galegos e campións’ contan desde 2012 con 104 deportistas galegos que destacan pola súa “calidade, igualdade e diversidade”.

No acto que tivo lugar na sede coruñesa de Coca-Cola European Partners Iberia, Marta Míguez gabou a calidade destes 104 deportistas “representada cunha gran cantidade de éxitos”. Do mesmo xeito, destacou a igualdade presente na selección dos deportistas xa que dos “104 campións e campioas, a metade -51- son mulleres”. E por último valorou a aposta pola diversidade.

Ao fío desta idea, Marta Míguez agradeceu o apoio prestado ao deporte galego por grandes empresas como Coca-Cola e asegurou que este calendario “achega ás nosas casas e oficinas as fazañas realizadas por todos os nosos deportistas”. “Achega unha mensaxe de igualdade e de ánimo porque o deporte é para todos, é plural, non ten xénero, atende á diversidade e todos temos que crer que as nosas metas son posibles”. concluíu.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario