Actividades Es noticia Futbol 

A secretaria xeral para o Deporte supervisou o estado do campo de fútbol de O Couto

Marta Míguez supervisa o estado do campo de fútbol de O Couto no que a Xunta de Galicia investiu 383.000 euros desde 2015.

As últimas actuacións levadas a cabo pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o ano 2017 supuxeron a reforma do acceso e do interior das oficinas, a pintura exterior do acceso ás oficinas, a reparación dos vestiarios visitantes e a instalación do sistema de alimentación ininterrumpida do grupo electróxeno e contaron cun orzamento total de 102.385,88 euros.

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, supervisou o estado do campo de fútbol de O Couto

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, supervisou na mañá de hoxe o estado do campo de fútbol do Couto tras as últimas actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia durante o ano 2017 e que supuxeron a reforma do acceso e do interior das oficinas, a pintura exterior do acceso ás oficinas, a reparación dos vestiarios visitantes e a instalación do sistema de alimentación ininterrumpida do grupo electróxeno. Estas intervencións contaron cun orzamento total de 102.385,88 euros que fan que o investimento total da Xunta no estadio alcance os 382.819,92 euros desde 2015.

Na súa visita ao campo de fútbol, propiedade da Xunta de Galicia, Marta Míguez valorou todas as actuacións levadas a cabo desde 2015 que permitiron “adecuar e adaptar o terreo de xogo ás necesidades actuais”. A secretaria xeral destacou a boa situación do fútbol provincial que actualmente “vive un momento doce con catro representantes na Terceira División e outros catro na Preferente Sur”. Nas súas verbas, tamén agradeceu a colaboración das outras dúas administracións publicas da cidade -Deputación Provincial e Concello- no mantemento do céspede do Couto en bo estado.

Ademais destas actuacións levadas a cabo no curso 2017, en 2016 acometeuse a instalación do marcador electrónico LED de 5 m2, o saneado e pintado da fachada principal, o arranxo do céspede, as obras de reforma da bancada, a reparación da instalación eléctrica e a reparación dos vestiarios por importe de 135.339,18 euros. No ano 2015 as obras de reforma e adaptación de espazos para aloxar as oficinas e dependencias das federacións deportivas supuxeron un investimento total de 145.094,86 euros.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: