Actividades Atletismo Destacado Es noticia 

A San Silvestre ourensá percorrerá o casco histórico da cidade

Desde o Concello de Ourense proponse un percorrido con saída e meta no Xardín do Posío

Ourense despide o 2017 correndo a II San Silvestre

  • As inscricións realizaranse a través da web www.carreirasgalegas.com, e estarán abertas ata o 27 de decembro de 2017 ás 20:30 horas. O custe é de 5 euros para as categorías Sub18, Sub20, Sub23, Senior e Máster, e para o resto de categorías será gratuíta.

A II Carreira Popular de San Silvestre, que se celebrará o domingo 31 de decembro de 2017 a partir das 16:00 h. polas rúas da cidade, foi presentada esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense coa presenza de organizadores e patrocinadores. Incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e cronometradores da FGA – Delegación de Ourense, e conta cos pertinentes seguros de accidentes e de RC para os participantes, organizadores e voluntarios.

 

Poderán participar nesta proba atletas federados e populares, e realizarase unha clasificación conxunta. As inscricións realizaranse a través da web www.carreirasgalegas.com, e estarán abertas ata o 27 de decembro de 2017 ás 20:30 horas. O custe é de 5 euros para as categorías Sub18, Sub20, Sub23, Senior e Máster, e para o resto de categorías será gratuíta.

A recollida de dorsais e chips terá lugar o sábado 30 de decembro de 2017 no lugar e horario que a organización comunicará por correo electrónico con suficiente antelación.

Carreira Solidaria. De xeito voluntario, cada participante poderá facer unha dozaón “Dorsal 0” destinada á Cruz Vermella Ourense

Horario:

Hora

Categoría

Circuíto

Distancia

16:00

Pitufos

Xardín do Posío

70 m.

16:10

Sub 10 – Sub 12

1 Volta Pequena

1,5 km.

16:25

Sub 14 – Sub 16

1 Volta grande

2,5 km.

16:45

Absoluta

2 voltas grandes

5 km.

17:30 horas, peche de control

Percorrido.

1 Volta Grande 2,5 Km. (Aprox.) Saída e meta Xardín do Posío.

Xardín do Posío – Rúa Padre Feijóo – Rúa Colón – Praza Maior – Rúa Barreira – Rúa Burgas – Rúa Desengaño – Avenida de Pontevedra – Rúa Lamas Carbajal – Rúa do Paseo – Rúa Concordia – Rúa Santo Domingo – Praza do Ferro – Rúa dos Fornos – Rúa Unión – Praza do Trigo – Rúa Hernán Cortés – Rúa Prieto Nespereira – Rúa Lugo – Xardín do Posío.

2 Voltas = 5 Km. (Sentido horario)

1º Clasificado: <16′

Peche control: 45′ despois da saída.

Noticias relacionadas