OS RemediosActividades Destacado Es noticia 

Reforma do Pavillón: O Consello da Xunta autorizou o convenio o entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ourense

As obras de reforma do pavillón dos Remedios contarán cun investimento próximo aos 2 millóns de euros

O Consello da Xunta autorizou a sinatura do convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ourense que establece as bases de colaboración entre as partes signatarias e fixa a achega económica que fai posible levar a cabo as obras de reforma do pavillón dos Remedios cun investimento próximo aos 2 millóns de euros
(1.987.479 euros).

En 2019 está previsto un investimento de 500.000 euros

Deste xeito, a Secretaría Xeral para o Deporte financiará estas actuacións na súa integridade mentres que o Concello de Ourense non levará a cabo ningunha achega económica. Neste primeira anualidade de 2019, a Xunta de Galicia achegará a cantidade de 500.000 euros e na anualidade de 2020 sufragará os restantes 1.487.479,59 euros.

O proxecto que se vai acometer será unha remodelación profunda, estética e funcional que actuará sobre diversos aspectos do complexo deportivo. Deste xeito levarase a cabo a
reforma dos ximnasios, do vestíbulo e dos espazos de comunicación, a dotación de novos vestiarios, así como a adecuación dos existentes, a dotación de tres grandes salas
polivalentes (actividades dirixidas, formación e lecer), a reordenación dos espazos da piscina de 25 metros Pedro Escudero, a adaptación normativa en materia de accesibilidade e a unificación da fachada orientada á avenida Pardo Cela e á Ponte Romana.

Unha instalación municipal referente

O Complexo Deportivo dos Remedios, inaugurado en 1969, é unha instalación municipal referente para a vida deportiva, social e cultural da cidade de Ourense. Conta cun amplo
volume de utilización, cun rexistro de máis de 40.000 accesos mensuais, dotado de múltiples servizos deportivos, dúas piscinas, un spa, dous pavillóns polideportivos cubertos, un campo de fútbol, un módulo de atletismo, un ximnasio, unha sala de musculación e pistas exteriores.

Debido á deterioración lóxica que sufriron os seus espazos co paso do tempo e por tratarse dunha infraestrutura referente localizada na entrada principal da cidade, nunha zona
emblemática entre a Ponte do Milenio e a Ponte Romana, cómpre renovar, adaptar e adecuar o edificio ás novas necesidades, implementando esta remodelación estética e sobre todo funcional, en 2019, ano en que esta instalación cumpre 50 anos.

Marta Míguez impulsou a remodelación na sua etapa ao fronte da Secretaría Xeral para o Deporte

Noticias relacionadas