Samain Ourense 2019Actividades Es noticia No solo deporte 

Programación do Samaín – Ourense 31.10.2019

PROGRAMACIÓN FESTA DO SAMAÍN – OURENSE 2019

31.outubro – PROGRAMACIÓN DE TARDE

  • 17.00 Taller de Baleirado de cabazas, con monitores e monitoras que axudaranlle á cativada a elaborar as súas cabazas, na Praza Saco e Arce. O reparto de cabazas comezá a esa mesma hora, na asociación de veciños da cidade vella ubicada na rúa Liberdade. Daranse 800 cabazas e outras tantas candeas, unha para cada neno ou nena.
  • 17.00 Microteatro, pequena representación teatral interactiva, onde se lle dará a coñecer á rapazada a orixe do Samaín. Serán 3 pases de 15 minutos na Praza da Imprenta
  • 17.00 Obradoiro: “Os bosques dos petrogriflos”, na Praza da Imprenta. Zona acoutada onde de maneira libre haberá xogos de puntería, lóxica e de construcións… onde os materiais utilizados son elementos da natureza propios da festividade do Samaín (landras, troncos, pedras, cabazas, madeira)
  • 17.00 Obradoiro: “Os artesáns do castro”, na Praza da Imprenta. Espazo onde nenos e nenas deseñarán os seus amuletos para pasar unha boa noite de Samaín co consello e guía dos mestres artesáns.
  • 17.00 Obradoiro de maquillaxe e feridas na Praza Manuel Sueiro
  • 17.00 Obradoiro de elaboración de chapas, na Praza Manuel Sueiro
  • 19.00 Desfile de Cabazas Percorrido: praza da Imprenta, rúa Colón , Bispo Carrascosa e Praza Maior.. Rematará con baile e festa na Praza Maior con Uxía Lambona e a Banda Molona!!!

31.outubro – Á NOITE

  • 22.00 a 01.00 h Animación de rúas con Aperta e Trópico de Grelos
  • 23.30 h Desfile da Santa compaña. Saídas desde a rúa do Paseo, rúa Santo Domingo, Praza de San Cosme, Praza das Mercedes, Padre Feijoo, Praza de Saco e Arce, Praza do Correxedor e a Carballeira.
  • 01.00 h Actuación do grupo Deabru Beltzak co espectáculo “Les Tambours de Feu”, na Praza Maior.

Noticias relacionadas