Actividades Destacado Es noticia 

O Secretario Xeral para o Deporte asistiu a apertura das piscinas do Complexo Deportivo Monterrei

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz , e polo xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel, visitou esta mañá o concello ourensán de Pereiro de Aguiar onde recibiu aos primeiros bañistas da tempada na apertura das piscinas do complexo deportivo de Monterrei. Entre os primeiros visitantes atopábanse os grupos do Club Maristas Baloncesto, Campus Base Porriño Baloncesto e o CEIP Fermín Bouza Brey de Vigo.

As piscinas, como en anos anteriores, abrirán desde as 12h hasta las 20:30.

Complexo Deportivo de Monterrei

O Complexo Deportivo de Monterrei, de titularidade autonómica, está aberto todos os días da semana de 9 a 21 horas en horario ininterrompido para os cidadáns de todas as idades, federacións deportivas galegas, clubs deportivos e asociacións, peñas e grupos de amigos.

O complexo deportivo componse de catro pistas de tenis (dúas de herba artificial e dúas de formigón poroso), dúas pistas polideportivas de cemento pulido, dúas pistas de pádel, estadio de atletismo, vestiarios e oficinas administrativas, complexo acuático (con seis piscinas descubertas), zona verde natural e parque infantil.

Noticias relacionadas