Actividades Destacado Es noticia 

O Pavillón dos Remedios cumpre 50 anos ao servizo do deporte ourensán

O Pavillón Municipal dos Remedios celebra, este 1 de xuño, medio século de historia viva na cidade. Daquela final da Copa de España entre o Joventut de Badalona e o Real Madrid que servía como acto inaugural destas instalacións, xa pasaron 50 anos, e para conmemoralos o deporte ourensán bríndanos esta fin de semana unha intensa axenda de actividades na que participarán moitos dos clubs da cidade que desenvolven a súa práctica deportiva nesas instalacións.

O venres ás 20:00 horas celebrarase un acto, na cancha central, para lembrar este aniversario.

“Hoxe o Pavillón dos Remedios é a gran casa do deporte na cidade. Acoden cada día 4.500 persoas abonadas ás instalacións, cunha media de 40.000 usos mensuais”, aseguraba o alcalde de Ourense en funcións, Jesús Vázquez, na presentación das actividades, acompañado de Mario Guede, concelleiro de Deportes en funcións, e de Mario González e Marta Míguez, xerente e coordinadora do Consello Municipal de Deportes, respectivamente.

Estas cifras, dixo Vázquez Abad, “explican a importancia destas instalacións como o gran referente da cidade, polo que xa levan pasado varias xeracións de veciñas e de veciños de Ourense e polo que de seguro pasarán moitas e moitos máis”.

Na rolda de prensa estiveron acompañados polos representantes de diferentes clubs da cidade que desenvolven a súa práctica deportiva no Pavillón dos Remedios.

Actividades, venres 31 de maio

  • 17:30 horas. Módulo de Atletismo. Competición Aberta de Atletismo.
  • 18:00 horas. Piscina Rosario Dueñas. Escolas de natación, salvamento acuático, waterpolo e natación sincronizada.
  • 18:00 horas. Cancha exterior. Inchables para nenos.
  • 18:00 horas. Anexo. Escolas deportivas: ABO, baloncesto feminino e Vólei.
  • 18:00 horas. Cancha central. Xornada de portas abertas de ximnasia.
  • 19:45 horas. Cancha central. Concentración de clubs.
  • 20:00 horas. Cancha central. Acto do 50 aniversario.
  • 20:30 horas. Cancha central. Partido Sala Ourense FS vs. Selección Equipos Federados Ourense
  • 22:00 horas. Canchas exteriores. Música en vivo.

Actividades Sábado 1 de xuño

  • 09:00 horas. Campo de fútbol Miguel Ángel. Torneo Fútbol8 pre-benxamín e iniciación.
  • 09:00 horas. Cancha central. Mostra Escolas deportivas de Ximnasia.
  • 10.00 horas. Cancha central. Escalada.
  • 10:00 horas. Anexo. Escolas de balonmán.
  • 16:00 horas. Anexo. Exames de grao Wu-Shu e Exhibición Selección Galega.
  • 16:00 horas. Cancha central. PlayOff ascenso 1ª división: Cidade das Burgas vs. La Concordia.
  • 18:00 horas. Cancha central. bOurense Envialia FSF vs. Majadahonda FS

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.