Nadal Ximnasia 2019 Foto David MartinezActividades Deportes invierno Es noticia 

O Consello Municipal de Deportes engade tres novos eventos deportivos a programación de Nadal

O Consello Municipal de Deportes programa tres eventos deportivos máis neste Nadal na cidade de Ourense, que se suman aos 13 programados e que xa comezaron a pasada fin de semana. Así, mañá, 21 de decembro, os rapaces e rapazas poderán depositar as súas cartas dirixidas a Papá Nöel na caixa de correos máxica que estará instalada no Pavillón dos Remedios de 12:00 a 14:00 horas. O martes 24 de decembro, a Piscina Rosario Dueñas acollerá, de 10:00 a 14:00 horas a actividade solidaria e lúdica “Móllate polos animais”. A ampliación de actividades, que se suman ás 13 xa programadas, complétase co Torneo de Nadal de Atletismo que se celebrará o vindeiro 4 de xaneiro de 09:00 a 13:00 horas.

“Continuamos a intensificar a actividade deportiva e lúdica no Pavillón de Os Remedios, e compatibilizándoa coas obras de remodelación integral que alí se están acometendo, polo que agradecemos aos usuarios a súa comprensión e implicación con todos os eventos que programamos”, sinala o concelleiro de Deportes, Mario Guede.

Os eventos comezaron a pasada fin de semana no Pavillón dos Remedios co Torneo de Nadal de Ximnasia, unha proba consolidada que chegou con éxito á súa 13ª edición, así como co Memorial Enrique Barredo, no polideportivo de Oira, a cargo da Asociación Galicia Haidong Gumdo.

Nadal Ximnasia 2019 Foto David Martinez

Esta fin de semana, ademais da anunciada caixa de correos máxica para depositar as cartas a Papá Nöel, terá lugar no Pavillón dos Remedios durante hoxe e mañá o I Campamento de Esgrima Nadal 2019. Tamén terá lugar o domingo 22 de decembro, na piscina Rosario Dueñas, a exhibición de Nadal do Club Natación Sincronizada Ourense.

Ao día seguinte, o luns 23 de decembro, outra cita de marcado carácter de Nadal celebrarase no Pavillón dos Remedios: o Torneo MacDonald’s Ourense. O martes 24 de decembro, “Mollate polos animais”, na piscina Rosario Dueñas, de 10:00 a 14:00 horas. Nesta mesma semana, xa o venres, o balonmán será o protagonista en Os Remedios, coa celebración do Torneo Nadal de Balonmán. Ao día seguinte, o sábado 28, o protagonista será, tamén nos Remedios, o Torneo de Nadal de Fútbol Benxamín.

O remate do ano en materia deportiva chega da man da Carreira de San Silvestre, que este ano chega á súa 4ª edición. Unha aposta do anterior mandato municipal que cada ano vai medrando e repercusión e que xa alcanza os 1.000 inscritos que deciden despedir o ano cunha divertida carreira polo Centro Histórico da cidade.

O ano comezará con outro clásico do deporte ourensán: a Subida á Costiña de Canedo, unha proba apoiada desde o Consello Municipal de Deportes.

O venres 03 de xaneiro, o fútbol retomará o protagonismo no Polideportivo de Oira da man do Memorial Patelo. Ao día seguinte, o sábado 04 de xaneiro, e tamén en Oira, terá lugar o Campionato Galego Sénior Feminino de Hockei Sala. Outras dúas probas deportivas que se celebrarán ese día serán o Torneo de Reis Secundino Basalo no polideportivo da Carballeira, así como o Torneo de Nadal de Fútbol Prebenxamín no Pavillón dos Remedios, e tamén o Torneo de Nadal de Atletismo na pista de Atletismo.

Noticias relacionadas