concello de ourense pumar guede marioActividades No solo deporte 

O Concello de Ourense repartirá 5.000 conos de PVC para botar o lixo nas zonas termais, verdes e deportivas

  • A campaña de reciclaxe ambiental ‘Unha cidade máis sostible, máis limpa’, desenvolvida en colaboración coa empresa concesionaria da limpeza viaria, Ecourense, foi presentada nas piscinas de Oira.
  • O alcalde de Ourense en funcións e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, solicita “a axuda e a concienciación cidadá para manter o medio ambiente e conseguir unha cidade cada vez máis limpa”.
  • Tamén se entregarán nas zonas de baño da cidade, no paseo termal, entre A Chavasqueira e Outariz, e nas zonas verdes e centro da cidade.

O alcalde de Ourense en funcións e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, e o concelleiro de Deportes, Mario Guede, presentaron este mércores nas piscinas de Oira a campaña de reciclaxe ambiental ‘Unha cidade máis sostible, máis limpa’, desenvolvida polo Concello de Ourense en colaboración coa empresa concesionaria da limpeza viaria, Ecourense.

concello de ourense pumar guede mario

A campaña consistirá no reparto de 5.000 conos, que tamén se poden empregar a modo de cinceiro, para depositar cabichas e outros residuos pequenos como pipas, chicles, caramelos, envoltorios pequenos. “Desde o Concello realízase un grande esforzo na limpeza das zonas verdes, de lecer e demais espazos públicos da cidade, mais hai residuos especialmente dificiles ou aínda imposibles de eliminar, como estes, nos que a clave é evitar que se depositen nas nosas rúas” explica Jorge Pumar, responsable de Medio Ambiente. “Por iso precisamos a axuda e a concienciación cidadá para manter o medio ambiente e a cidade cada vez máis limpa e sostible”. Esta iniciativa é un complemento da campaña de limpeza intensiva que o Concello e a empresa concesionaria están a desenvolver nos barrios da cidade.

Trátase de recipientes de PVC verde, nos que se pode ler o lema da campaña, con forma cónica para cravar facilmente no chan, e nos que se introducen residuos pequenos para posteriormente depositalos nunha papeleira, xa que son elementos reutilizables. Dispoñen dunha tapadeira para facer máis hixiénico o seu transporte e son dun ideal para transportalos en calquera bolsa, neceser ou mochila.

Por toda a cidade

A acción en Oira non será a única desta campaña: Repartiranse 5.000 conos en total para recoller os residuos sólidos nas zonas de baño (Oira, Parque Miño e praia da Antena), no Paseo Termal (desde A Chavasqueira, pasando polas pozas de Muíño e Outariz) e en zonas verdes da cidade coma o Parque de San Lázaro, Xardín do Posío ou Alameda do Cruceiro. Igualmente, estarán á disposición dos turistas que se acheguen á Oficina de Turismo Municipal e outras instalacións deportivas municipais.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.