Alcalde Jacome Rovira Xogos policia e bombeirosActividades Destacado Es noticia 

O Concello de Ourense estudia acoller os Xogos Europeos de Policías e Bombeiros 2020

Xogos Europeos de Policías e Bombeiros 2020

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Concello a Miguel Rovira Zabalgoitia, director executivo da Asociación Europea de Xogos de Policía e Bombeiros, entidade encargada de organizar esta competición.

Trátase dun evento multideportivo que se celebra cada dous anos cun programa formado por sesenta probas diferentes, ao estilo dos Xogos Olímpicos, para deportistas integrados profesionalmente ou retirados nas forzas do orde, nas súas diferentes modalidades. Os Xogos contan cunha participación de entre 3.000 e 5.000 deportistas. Na xuntanza tamén participou o concelleiro Deportes, Mario Guede para abordar todo o relacionado coas infraestruturas deportivas

Alcalde Jacome Rovira Xogos policia e bombeiros

O responsable do comité organizador calificou de moi positivo o encontro mantido na xornada de hoxe, que agora queda á espera da resposta do Concello de cara a organizar estes xogos, cuxa data está por concretar aínda que será en verán de 2020. Trátase dunha actividade de carácter deportivo, mais tamén conta cunha ampla repercusión turística, como recoñecían tanto o alcalde como o responsable do comité organizador dos xogos, xa que durante os 9 días nos que se desenvolven as competicións, os participantes permanecerán na nosa cidade, que se converterá nun lugar de referencia tanto para eles como para os visitantes que acudan a presenciar un evento deportivo que reunirá deportistas procedentes de todos os países da Unión Euroea

Os Xogos Europeos de Policías e Bombeiros iniciaron a súa andaina en 2003 en Barcelona, e levan dende entón celebradas 7 edicións en crecemento e consolidación, contando coa participación de efectivos dos corpos e forzas de seguridade, protección, defensa, emerxencia e rescate de 32 países europeos.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.