Salon do automovil 2018Actividades Es noticia Motor 

O 10º Salón do Automovil chega a Expourense con dobre cita: Vehículo Novo e de Ocasión

Todos os concesionarios oficiais da provincia de Ourense participan no 10º Salón do Automóbil

10º Salón do Automóbil – Expourense 2018

  • Trátase dunha cita organizada entre Expourense e A.C.A.U.T.O. que conta co patrocinio de ABANCA
  • A fin de semana do 19 ó 21 de outubro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 26 ó 28 de outubro o de Ocasión
  • Farase un sorteo dun desconto de 6.000 euros entre os que pechen a compra do seu coche nestas citas

Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 10º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. A fin de semana do 19 ó 21 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 26 ó 28 de outubro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. Todas as marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2019. En total, participarán 16 empresas representando a 22 marcas que presentarán 30 modelos novos, algúns deles poderán verse en exclusiva por primeira vez en España.

O 10º Salón do Automóbil foi presentado esta mañá en Expourense nun acto no que participou o alcalde de Ourense e vicepresidente executivo de Expourense, Jesús Vázquez; do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do presidente de ACAUTO, Ramón Seijas; do director da Zona Centro de Ourense de ABANCA, Enrique Romero; do secretario xeral de Cáritas Ourense, Francisco Javier Soto; do representante de Stop Accidentes, Benito Bouzada e do director xerente de Expourense, Alejandro Rubín. Todos eles coincidiron en indicar a magnífica oportunidade que representan estas citas (por calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira) para aqueles que buscan un coche novo, ao mesmo tempo que permitirá a renovación do parque móvil da provincia de Ourense, que ten unha media de idade de 12 anos.

Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.

Estas citas contan co apoio de ABANCA, que reafirma un ano máis o seu apoio. Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, presentes cun stand informativo, e que recibirán ao rematar estas citas unha cantidade de euros fixa por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO.

Ademais os organizadores colaborarán de novo con “Stop Accidentes” que contarán cun stand informativo nestas citas no que explicarán a necesidade de que os vehículos conten cunha “Folla de rescate” que facilite o labor dos servizos de emerxenxia en caso de accidente ou sinistro, xa que é un mapa do vehículo que recolle todas as súas características físicas pero tamén os sistemas de seguridade pasiva e electrónicos. Tamén promocionarán o protocolo “P.A.S.” ( Previr, Avisar, Socorrer) para que o público saiba cómo actuar correctamente no caso de atoparse cun accidente de tráfico.

O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo e amplo que poderá consultar nun mesmo espazo e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo.

O horario do 10º Salón do Automóbil será os venres 19 e 26 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; os sábados 20 e 27 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e os domingos 21 e 28 de outubro de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos entrada gratuíta).

Ludoteca

Haberá ademais servizo de ludoteca gratuíto para os visitantes co seguinte horario:

  • Venres 19 e 26 de outubro: de 17:00 a 20:30 horas.
  • Sábados 20 e 27 de outubro: 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas.
  • Domingos 21 e 28 de outubro: de 12:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas.

Novidades a presentar nesta edición:

  • HYUNDAI:  SANTA FE
  • VOLVO: XC40
  • SKODA: SKODA KAROQ
  • OPEL: CORSA (GLP); MOKKA (GLP); COMBO LIFE
  • CITROEN: BERLINGO; C4 CACTUS
  • AUDI: Q8; A6
  • VOLKSWAGEN: TOUAREG
  • BMW: X5; SERIE 8
  • FIAT: 500X
  • MAZDA: CX5; MX5
  • KIA: CEED; STINGER
  • MERCEDES: A; C; CLS
  • RENAULT: MEGANE RS
  • DACIA: DUSTER
  • PEUGEOT: RIFTER; 508
  • FORD: FOCUS; KA + ACTIVE; FIESTA ACTIVE
  • TOYOTA: AYGO; HILUX

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.