Megaxove 2018Actividades Es noticia 

Megaxove oferta dous días de actividades vencelladas á educación, ó lecer ou ó deporte

Megaxove 2018 – Salón da Xuventude – Expourense

Megaxove chega hoxe a segunda xornada trala apertura de portas, no día de onte, da súa 19ª edición cun programa de máis de 60 actividades vencelladas á educación, ó lecer ou ó deporte que están a servir de punto de encontro para a mocidade e as súas familias. No Día Internacional do Voluntariado, o Salón da Xuventude serve de plataforma para darlle visibilidade á labor que realizan durante todo o ano as asociacións xuvenís e clubes deportivos (integradas por norma xeral por voluntarios) como é o caso da Asociación Xuvenil Amencer, de Cruz Vermella Xuventude, a Organización Xuvenil Española, OJE-Ourense ou da Asociación Cultural Xuvenil Cipri Gomes.

Megaxove 2018

O Salón da Xuventude ofrece a posibilidade de practicar actividades xa coñecidas polos visitantes, pero serve tamén de plataforma de promoción e descubrimento doutras actividades vencelladas ó tempo libre, á cultura ou ó deporte. Nesta cita ten cabida todo aquelo que anime á participación activa e á adopción de hábitos saudables.

Megaxove ten entrada gratuíta e permanecerá aberto en Expourense os días 5 e 6 de decembro. O horario do martes 5 será de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 h. e o do mércores 6 de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.


Programa completo Megaxove 2018

ENTRADA LIBRE
 
Horario de feira:
  • Mércores 5 de decembro: de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas
  • Xoves 6 de decembro: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.
Permanentes:
  • “Iron Children” xincana inchable xigante (para mozos e mozas de 8 a 18 anos).  Organiza: Concellería de Xuventude do Concello de Ourense.
  • Ciber Aula.
  • Xogos populares. Colabora: CCP Xaquín Lorenzo.
  •  “Ludochán”. Colabora: Amencer.
  • Operación Kilo. Colabora: Amencer.
  •  “Bebechán”. Colabora: Amencer.
  • “Rincón de Pais e Nais”. Colabora: Amencer.
  • Inchables.
  • Carruseis. Organiza: Atracciones Joaquín Montes.
  • Obradoiro “coñece, usa e disfruta da túa bici”. Circuito ciclista infantil (menos ata 10 anos, deben traer a súa propia bicicleta e casco). Organiza: Maese Bike
  • Obradoiro de traballos manuais con material reciclado. Organiza: Cruz Roja en Ourense.
    Xogos de mesa tradicionais. Organiza: Cruz Roja en Ourense.
  • Obradoiros de xogos, pintacaras, globoflexia…. Imparte: Escola de Tempo Libre e Animación Cipri Gomes.

Mércores 5:

10.00 a 12.00 h.: Adestramento e participación de Judo.
Organiza: Federación Galega de Judo e D.A.
10.00 a 11.00 h.: Achegamento á tecnoloxía, robótica e programación (nenos e nenas de 6 a 10 anos). Prazas limitadas a 10 nenos e nenas.
Organiza: Nenoos Ourense.
11.00 a 13.30 h.: Obradoiro de iniciais con la e pulseiras.
Organiza: Amencer.
11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 h.: Sala de xogos xuvenil (xogos de mesa así como novas tecnoloxías: Play Station e Wii).
Organiza: Amencer.
11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 h.: Jungle Speed Xigante.
Organiza: Amencer.
11.30 h.: Bingo.
Organiza: Amencer.
11.30 A 12.00 h.: Conferencia “Programas para a xuventude” da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Imparte: Borja Rubio Somoza. Dinamizador da Rede Galega de Dinamización.
12.30 a 13.30 h.: Achegamento á tecnoloxía, robótica e programación (nenos de 6 a 10 anos). Prazas limitadas a 10 nenos.
Organiza: Nenoos Ourense.
16.00 a 20.00 h.: Obradoiro de hamas e marcos de fotos.
Organiza: Amencer.
16.00 a 19.00 h.: Manualidades e confección de títeres.
Organiza: OJE Ourense – Organización Juvenil Española.
17.00 h.: Bingo.
Organiza: Amencer.
17.00 a 20.00 h.: Just Dance.
Organiza: Amencer.
19.15 h.: Actuación de Baile, Canto e Música da Escola de Danza da Deputación de Ourense.

Xoves 6:

11.00 a 12.30 h.: Actividade teórica – práctica: Como ser autónomo e ademais non contaminar obtendo enerxía con paneis solares (grupos de 10 a 12 rapaces).
Organiza: OJE Ourense – Organización Juvenil Española.
11.00 a 14.00 h.: Adestramento e participación de Judo.
Organiza: Federación Galega de Judo e D.A.
11.00 a 13.30 h.: Obradoiro de chaveiros e pompóns de la.
Organiza: Amencer.
11.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h.: Sala de xogos xuvenil (xogos de mesa así como novas tecnoloxías: Play Station e Wii).
Organiza: Amencer.
11.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h.: Jungle Speed Xigante.
Organiza: Amencer.
11.30 h.: Obradoiro de maquillaxe.
Organiza: Amencer.
12.40 a 14.00 h.: Obradoiro de serigrafía (camisetas).
Organiza: OJE Ourense – Organización Juvenil Española.
16.00 a 20.00 h.: Obradoiro de hammas e marcapáxinas.
Organiza: Amencer.
16.00 a 20.00 h.: Confección de títeres e función da obra “O rescate da princesa”.
Organiza: OJE Ourense – Organización Juvenil Española.
16.00 a 20.00 h.: Just Dance.
Organiza: Amencer.
17.00 h.: Obradoiro de maquillaxe.
Organiza: Amencer.
17.00 a 20.00 h.: Carreira competitiva: Iron Children-Humor Amarelo.
Obxectivo: fomentar o exercicio físico e xerar a confianza necesaria nun mesmo para afrontar e superar os diferentes obstáculos, aprendendo o valor do traballo en equipo.
Organiza: Concellería de Xuventude do Concello de Ourense.
18.00 h.: Mini competicións de atletismo.
Organiza: Club Ourense Atletismo.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.