Alfonso Palomanes BarcelonaActividades Atletismo Destacado Es noticia 

La Xunta publica la lista de deportistas reconocidos como “deportistas galegos/as de alto nivel”

O Diario Oficial de Galicia publica a nova lista de deportistas de alto nivel que chega aos 427 dos que 167 son mulleres, 260 homes e 11 deportistas con discapacidade, un novo máximo histórico

  • Tal e como avanzou o secretario xeral para o Deporte no Parlamento de Galicia, o decreto de alto nivel verá a luz antes da fin de ano e neste decreto desenvolverase a Oficina de Atención ao Deportista que “será a encargada de prestar os servizos de información, orientación e acompañamento nos trámites que poidan necesitar os deportistas”

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución do 12 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista de deportistas recoñecidos como deportistas galegos de alto nivel polo procedemento iniciado en xuño de 2019, así como as solicitudes desestimadas e a causa.

Nesta nova resolución recoñécense a 28 novos deportistas galegos e galegas de alto nivel polo procedemento iniciado en novembro de 2018 (12 mulleres, 16 homes e 1 deportista con discapacidade) que se suman á lista de 399 deportistas galegos e galegas de alto nivel recoñecidos en anteriores convocatorias (155 mulleres, 244 homes e 10 deportistas con discapacidade). No momento actual Galicia conta con 427 deportistas galegos e galegas de alto nivel (167 mulleres e 260 homes), dos que 11 (9 homes e 2 mulleres) son deportistas con discapacidade, o número máis elevado desde que se recoñecen aos deportistas galegos e galegas de alto nivel, o 2004.

Ademais, cómpre salientar que hai un total de 16 deportistas non recoñecidos por non cumprir o criterio deportivo que figura no anexo I da Orde do 30 de maio de 2005 pola que se establecen os criterios para recoñecemento dos deportistas galegos de alto nivel, en desenvolvemento do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro.

Decreto do Deporte de Alto Nivel de Galicia

Tal e como avanzou o secretario xeral para o Deporte no Parlamento de Galicia, o decreto de alto nivel verá a luz antes da fin de ano e neste decreto desenvolverase a Oficina de Atención ao Deportista que “será a encargada de prestar os servizos de información, orientación e acompañamento nos trámites que poidan necesitar os deportistas”.

A Secretaría Xeral para o Deporte continua traballando no decreto que desenvolverá ao deporte de alto nivel en Galicia. O obxectivo é a regulación do deporte de alto nivel de Galicia de xeito que os deportistas, adestradores e árbitros galegos que adquiran este recoñecemento se vexan beneficiados por novas vantaxes no eido educativo, laboral ou económico, entre outros.    

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.