Actividades Atletismo Destacado Es noticia 

La Xunta invertirá cerca de 1 millón de euros en Expourense para impulsar su actividad deportiva y ferial

A Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora coa Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense para incrementar o espazo expositivo en 400 m2 e ampliar da pista de atletismo ata as 1500 persoas, o que permitirá desenvolver ao mesmo tempo actuacións deportivas e de caracter feiral.

Recinto Ferial Expourense – Pista Cubierta

A Xunta investirá máis de 920.000 euros en Expourense co obxectivo de continuar a impulsar a actividade feiral ao tempo que se favorece a multifuncionalidade do recinto. Así, a achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria permitirá ampliar a capacidade da pista de atletismo hidráulica ata as 1500  persoas  coa  instalación  de novas bancadas, o que permitirá acoller competicións de maior prestixio e incrementar o espazo expositivo en 400 m2, de forma que se poidan celebrar de xeito simultáneo no tempo actuacións deportivas e de carácter feiral.

Expourense Absoluto Leticia GilAs obras, que se prevén executar este ano, realizaranse mediante un convenio de colaboración con Expourense. Este acordo tamén comprende melloras na eficiencia enerxética do edificio, así como a instalación de diverso equipamento de imaxe e proxección. Deste xeito, dáse resposta a unha solicitude realizada  por  Expourense  a través do presidente do seu comité executivo e alcalde de Oruense, Jesús Vázquez.

Expourense consolídase ano tras ano como unha plataforma que fomenta a competitividade das empresas galegas e impulsa a internacionalización en sectores estratéxicos como o termalismo, a enogastronomía ou a  automoción.  Así,  durante  o 2017, Expourense celebrou 11 feiras, dúas delas de carácter internacional, e 29 eventos, que atraeron 89.000 visitas e 940 expositores de 46 países.

A instalación da nova pista hidráulica de atletismo cuberta, que supuxo  un investimento por parte da Secretaría Xeral para o Deporte de máis de 3,5 millóns de euros e que se sitúa entre as mellores de toda España, fai posible que a cidade poida acoller competicións deportivas nacionais e internacionais e garante  unha  maior ocupación  do  recinto  nos  meses  de  inverno.  Desde  a  súa  posta  en  marcha  en decembro de 2017, a pista deportiva acolleu 16 eventos, nos que participaron máis de 10.000 persoas, entre xuíces, deportistas e visitantes.

Special Olympics Foto Nacho Rego

Con esta actuación, coa que se sumarán 4,4 millóns de euros na optimización de Expourense en dous anos, dáse resposta ás prioridades formuladas polo Padroado da Fundación, que preside a Xunta de Galicia, po que permite incrementar a competitividade dun recinto clave para o impulso económico, deportivo e  social  da cidade e da provincia de Ourense.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.