Sportur Expourense Foto Nacho RegoActividades Destacado Es noticia 

Finaliza el Salón Sportur Galicia tras 3 días con 125 actividades y 10.000 visitantes

Sportur Galicia visibiliza o papel do deporte como motivación turística e como motor económico

  • Os 125 expositores, máis de 100 actividades e perto de 10.000 visitas detas segunda edición posicionan a este proxecto de cara a convertirse nun referente no noroeste peninsular
  • O salón do deporte conxugou accións profesionais e de negocio nas xornadas de xoves e venres pola mañá con actividades para todo o público durante venres tarde e sábado

Sportur Expourense Foto Nacho Rego

Sportur Galicia pechou esta tarde as portas da súa segunda edición acadando bos resultados de asistencia que permiten que o proxecto se consolide xa que durante tres días reuniu en Expourense a 125 expositores que ofreceron máis de 125 actividades que atraeron a 10.000 visitas.

Sportur Galicia 2018 serviu para visibilizar o papel que xoga o deporte como motivación turística e como desenvolvemento económico. Vencellado con isto, os profesionais do sector que asistiron ao II Seminario sobre Deporte e Turismo Activo tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto o impacto xerado no territorio polos eventos turísticos con grandes exemplos como a Pantin Classic Galicia PRO que se converteu no terceira mellor proba mundial de surf ou o Circuito Automovilístico Internacional de Vila Real. Tamén vencellado co negocio no deporte estivo o II Workshop de Turismo Activo de Galicia onde participaron 10 axencias de viaxes especializadas que mantiveron reunións cos expositores.

Sportur Expourense Foto Nacho Rego

A secretaria xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe este salón que contribúe a posicionar o éxito do binomio deporte + turismo e para destacar o papel estratéxico que o turismo activo ten en Galicia polo seu importante potencial para descentralizar a actividade turística e por permitir achegar os beneficios do turismo tanto á costa como ao interior.

Protagonismo da Carreira de San Martiño

Por segundo ano consecutivo, a Carreira Popular de San Martiño, que celebra mañá domingo a súa XLII edición, foi unha das protagonistas de Sportur Galicia que serviu de quecemento para esta proba que convocará a 11.000 deportistas. O salón foi o punto de entrega dos dorsais e calcúlase que entre o venres tarde e toda a xornada de hoxe foron entregados uns 4000. Ademais,, entre as actividades celebradas hoxe, destacou o adestramento e as recomendacións para a carreira achegadas polo atleta Alejandro Fernández, que gañou tres veces esta proba deportiva.

A xornada de hoxe foi a que maior número de público concentrou e a actividade que contou con maior seguemento foi a entrega das medallas e trofeos de “Correndo por Ourense”, o ciclo de carreira polos barrios da cidade que organiza o Concello de Ourense. No acto tomaron parte a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Correndo-por-Ourense-Foto-Nacho-Rego_83

Exhibicións de ximnasia acrobática, kickboxing, karate, taekwondo, wu-shu ou minitenis foron disciplinas que tiveron o seu escaparate en Sportur Galicia. Incluso se celebraron competicións oficiais coma o Trofeo Promesas de Galicia de Halterofilia ou o Torneo Sportur de Xadrez. Deste xeito se poñen en valor as múltiples opcións deportivas que poden formar parte dun estilo de vida saudable ao tempo que os destinos e escenarios ideais para practícalas, desde o oriente de Asturias ata o norte de Portugal pasando por concellos costeiros coma Viveiro, ou desde a Costa da Morte coma Dumbría, ata referentes do interior coma Maceda ou a única Estación de Montaña de Galicia en Manzaneda.

Entre as actividades que puideron gozarse ao longo dos tres días de feira destacaron o rocódromo, a ponte tibetana, o remo indoor, os simuladores de navegación ou tiro, a pista de pitch and putt ou os xogos tradicionais. Unha das novidades deste ano foi a posibilidade de sobrevoar o recinto feiral no globo aerostático, ou a participación do equipo Suzuki.

Sportur Galicia 2018 estivo organizado por Expourense coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e da Axencia de Turismo de Galicia. Súmanse tamén os esforzos da Deputación Provincial de Ourense e o INORDE e o Concello de Ourense a través do Consello Municipal de Deportes e de Turismo. O feito de ter contando ademais con varios países representados facilita o camiño de Sportur de cara a convertirse en feira internacional no futuro.

A actividade continúa en Expourense que xa prepara as citas feirais da seguinte fin de semana. Do 23 ao 25 de novembro celébrase a 2ª edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades que coincidirá coa 19ª edición de Celebra, Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actoso Socieis e coa 2ª edición de Bebega, Mostra do Bebé que se celebrarán os días 24 e 25 de novembro.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.