Actividades Destacado 

Expourense convértese no maior concesionario de Galicia

Presentación en primicia de modelos en España, prezos especiais de feira, a ampliación da garantía do coche ata 7 anos e a posibilidade de gañar un desconto de 6.000 euros marcan o 9º Salón do Vehículo Novo

O horario do 9º Salón do Automóbil sé: venres 20 e 27 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; os sábados 21 e 28 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e os domingos 22 e 29 de outubro de 11.00 a 20.00 h.

9º Salón do Automóbil Novo

Expourense convértese durante as próximas dúas fines de semana no maior concesionario de Galicia coa celebración do 9º Salón do Automóbil Novo que abriu esta mañá as súas portas presentando unha ampla oferta composta por 400 vehículos de máis de 20 marcas de todas as gamas, modelos e prezos. As 17 empresas participantes fan unha forte aposta neste salón ampliando as opcións elección á hora de elixir un coche, xa que a meirande parte deles ofrecen importantes descontos especiais de feira que abranguen dende os 150 euros ata os 5.000. Nesta cita participan como expositores os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O. Dende hoxe e ata o domingo celébrase o Salón do Vehículo Novo, e dende o 27 ó 29 de outubro o do Vehículo de Ocasión.

Esta 9º Salón do Vehículo Novo foi inaugurado esta mañá coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o vicepresidente da Deputación, Jorge Pumar; o presidente do comité exectivo de Expourense, Juan Carlos Parada; o presidente de A.C.A.U.T.O., Ramón Seijas; e o director de zona centro Ourense de ABANCA, Carlos Alberto Diez, que estiveron acompañados por distintas autoridades e numerosos empresarios da provincia.

Facendo un percorrido por este salón, chaman a atención as novidades que presentan as marcas. Moitas delas como o novo Volkswagen Polo ou o novo Renault Koleos puideron verse, hoxe en Expourense, por primeira vez en España, xa que aínda non están a venda nos concesionarios. O salón presenta todo tipo de vehículos entre os que destacan os denominados “Crossover” xa que “a tendencia é que o consumidor busce coches máiss altos porque aumenta a sensación de seguridade”, tal e como explicou o presidente de A.C.A.U.T.O. unha mostra da ampla oferta que presenta o salón é o abano de prezos que vai dende os 9.500 do Kia Picanto ata os maís de 150.000 euros do Porsche 911. Tamén se poden atopar modelos “100% feitos en Galicia” e completamente eléctricos como a nova Peugeot Partner Teppe.

O 9º Salón do Automóbil é un magnífico exemplo da cooperación que Expourense mantén co tecido empresarial da provincia, apoiando e servindo de plataforma para o desenvolvemento do negocio das empresas locais. Dende A..C.A.U.T.O, indican que esta  cita “incentiva o consumo na sociedade ourensá e ofrécenos a oportunidad de repuntar as vendas.

Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido. “Se repetimos os datos do ano pasado, quen merque un coche terá unha oportunidade entre 400 de que lle toque un desconto de 6.000 euros que non é mala porcentaxe”, explica Ramón Seijas.

Dende A.C.A.U.T.O.  indican que agora mesmo é o “momento ideal para mercar un coche xa que os fabricantes están a loitar polo liderado do mercado nos resultados anuais e iso conleva axustes nos prezos”, explica o vicepresidente Gerardo Aragonés. Non existen na actualidade axudas públicas que incentiven a mercar os vehículos “pero esas axudas son agora asumidas polos propios fabricantes polo que o consumidor apenas o nota”.

Tamén é un bo momento para cambiar de coche porque acaban de saír o mercado as novidades para a campaña 2018 e isto implica a baixada de prezos dos modelos anteriores xa que “os fabricantes sacan promocións especiais para liquidar eses vehículos e moitos deles pasan a ser kilómetro 0 co desconto que iso supón”, indica Aragonés.

Estas citas contan co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense, que se suma a este proxecto, e a ABANCA, que reafirma un ano máis o seu apoio. Este ano repítese a colaboración entre Expourense e A.C.A.U.T.O. con Cáritas Ourense, presentes no Salón cun stand informativo, aos igual que 2Stop Accidentes”.

 

 

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: