Expourense abre el Parque Infantil de Tráfico de Ourense

Está previsto que más de 3.500 escolares participen en el Programa de Educación Vial a lo largo del año que viene

Expourense-Parque-Infantil-Trafico-2014

Varios miembros de la junta rectora del Parque Infantil de Tráfico de Ourense inauguraron esta mañana el Circuito en Expourense para el curso 2014/2015. Asistieron a este acto el alcalde de la ciudad, Agustín Fernández, la concejal de Educación, Ana Garrido, el director de la Jefatura Provincial de Tráfico, David Llorente, la directora adjunta de Expourense, Emma González, el director del Parque, Adriano Amorín, y la monitora, Fina Lage. Los encargados de inaugurar el parque en este curso fueron los alumnos y alumnas de 5º de Primaria del CEIP Couto.

O Parque Infantil de Tráfico conta coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, a Xefatura Provincial de Tráfico e Expourense, lugar onde se ubica o Parque Infantil de Tráfico, entidades que colaboran conxuntamente co obxectivo de incrementar a seguridade na circulación viaria, desenvolvendo e adquirindo hábitos de comportamento correcto en relación ao tráfico e a circulación peonil e desenvolvendo actitudes de tolerancia e solidariedade no tráfico viario.

No programa de Educación viaria participaron no curso 2013-2014 un total de 5.840 alumnos e alumnas de máis de 30 centros de ensino da cidade e este ano contará cun orzamento de 128.500 euros, dos cales 105.000 son aportados polo Concello de Ourense e 23.500 por Expourense.

Programación Educación Viaria para o ano 2015

O principal obxectivo será potenciar o coñecemento e o cumprimento das normas de circulación tanto si son peóns, viaxeiros ou usuarios ou usuarias de bicicleta ou ciclomotor, para os alumnos e alumnas do 2º e 3º ciclo de Primaria e 1º ciclo de Educación Secundaria, que recibirán unha formación teórica nas aulas e práctica no Parque Infantil de Tráfico nos meses de decembro a xuño. Esta formación complementarase con charlas de primeiros auxilios, visitas á Policía Local para coñecer o funcionamento deste servizo cidadá, e a celebración no mes de maio da XVII edición do Concurso Provincial de Educación Viaria, ao tempo que se mantén e implementa o programa “Camiño Escolar”.

Coma novidade para este curso destaca a ampliación do programa aos nenos e nenas de Educación Infantil, nos propios centros escolares, con actividades piloto nas que se amosen conceptos viarios básicos coma os pasos de peóns ou a importancia dos semáforos e que se complementará con actividades prácticas e a montaxe dun circuíto en determinados centros nos que os nenos e nenas deberán pór en práctica o aprendido cos seus propios vehículos.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: