Master Xestion Deporte 2019Actividades Destacado Es noticia 

El Máster en Xestión Empresarial do Deporte de la Universidade de Vigo inauguró el curso 2019/20

Inaugurado o curso 2019/2020 do Máster en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo que se posiciona como “un dos posgraos máis destacados do país”

  • O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destaca a “especial presenza” do deporte en España e en Galicia e lembra como a Xunta “contempla expresamente o fomento da práctica deportiva” na Estratexia de Turismo 2020

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, inaugurou no serán de hoxe o curso 2019/2020 do Máster en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo. O acto que tivo lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo serviu para “felicitar a celebración deste posgrao que logrou posicionarse como un dos máis destacados no noso país, oito anos de traxectoria avalados polo crecente interese do alumnado, polo gran nivel do seu claustro e pola constante actualización de contidos”.

Lete Lasa destacou que o deporte “demanda dunha atención académica e formativa de calidade” e que cómpre “analizar e estudar a oportunidade da industria e o sector deportivo desde o punto de vista da súa xestión, fomentando o estudo e investigación e, en última instancia, apontoando o seu peso específico no posicionamento económico do país”.

No seu relatorio o mandatario galego destacou a “especial presenza” do deporte en España e en Galicia e lembrou como a Xunta de Galicia “contempla expresamente o fomento da práctica deportiva” na Estratexia de Turismo 2020. Lete Lasa destacou o deporte “como elemento  desestacionalizador” e enumerou as “amplas e enormemente positivas” oportunidades que presenta como a innovación, colaboración, sustentabilidade, competitividade e transformación dixital que permitirán obter produtos cun maior valor engadido, e abrir ou consolidar modelos de negocio adaptados ás circunstancias actuais para conseguir a máxima eficiencia”.

Cara o fin do seu discurso, o secretario xeral gabou a figura do presidente do COE, Alejandro Blanco, presente na inauguración do curso como “un home sobradamente coñecido por todos, e merecidamente recoñecido pola súa aposta polo deporte olímpico español”.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.