Actividades Destacado Es noticia 

El Consello Municipal de Deportes reparte 680.000€ en subvenciones a más de 70 entidades deportivas

O Consello Municipal de Deportes resolve as subvencións destinadas a entidades deportivas para a tempada 2017/18

  • Esta resolución reparte unha suma de 680.000€ entre 77 entidades deportivas, tendo especial sensibilidade cos deportes minoritarios, de competición e de base.

Na Sesión do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes do 18 de outubro de 2.018 veñen de aprobarse as Subvencións a entidades deportivas do Concello de Ourense para os gastos de funcionamento na tempada 2017/2018. Esta resolución reparte unha partida de 680.000€ entre 77 entidades deportivas, tendo especial sensibilidade cos deportes minoritarios, de competición e de base.

Complexidade na valoración

As bases que rexen este procedemento valoran a tódolos clubs do Concello que solicitan esta axuda tendo en conta os seguintes ítems:

  • Número de licenzas en función do nivel competitivo das mesmas, así como número de licenzas de menores de 18 anos e de deportistas femininas.

  • Categoría formativa dos adestradores do club, así como, se posúen contrato laboral.

  • O quilometraxe efectuado, e as pernoctas segundo os requisitos indicados nas bases.

  • Nivel de autofinanciamento do club, canta maior autonomía maior valoración

  • Número de escolas deportivas que se xeran en centros educativos.

  • Aluguer de instalacións alleas ó CMD, ou colaboración: en actos organizados polo CMD e mantemento das instalacións municipais.

  • Deportista en risco de exclusión social.

Para outorgar unha puntuación a cada un dos solicitantes a Comisión de avaliación asigna unha valoración ítem por ítem. Este proceso é extremadamente tedioso, xa que, ó ser un sistema pechado de concorrencia competitiva, unha valoración incorrecta dun club despraza os puntos doutro solicitante.

Por outra banda, a disparidade das distintas disciplinas valoradas, trinta deportes distintos en total, fan aínda máis complicado o procedemento de valoración que trata de contemplar a casuística particular de cada entidade.

Deportistas beneficiados

O número de beneficiarios totais subvencionados nesta convocatoria foi de 8.241 deportistas. Co que o organismo autónomo do Concello de Ourense, fomenta a práctica deportiva de xeito directo, de preto dun 8% da poboación ourensá.

Hai que poñer de manifesto o dato de que hai 5474 deportistas menores de 18 anos subvencionados. Isto supón un 66,4% dos deportistas subvencionado son menores de 18 anos, polo que o obxectivo desta convocatoria, que é fomentar o deporte entre os máis novos, vese amplamente respostado. Tamén, hai que destacar o crecemento incesante de deportistas femininas, son en esta convocatoria 2.613, isto supón un 31% dos nosos deportistas son mulleres, superando as enquisas de Hábitos deportivos nacionais. (INE-2017).

Número de escolas / actos de promoción

Outro dos grandes retos desta liña de axudas é achegar o deporte a tódolos barrios e recunchos da cidade. O sistema de apoio é o fomento de escolas en centros educativos dos distintos barrios promovidas polos clubs e subvencionadas polo Consello Municipal de Deportes. En esta liña, forno 45 escolas deportivas apoiadas nos distintos centros educativos da cidade, en gran variedade de deportes.

Comparativa con outras cidades

A dotación de outras cidades para cubrir os gastos de funcionamento de entidades deportivas para promoción e fomento do deporte, a través de concorrencia competitiva en modelos parecidos o da nosa cidade, son:

Lugo: Repartiu no ano 2017, 145.000€ por concorrencia competitiva. Os clubs subvencionados foron 65, e os importes máximos concedidos rondaron os 6.000€.

Santiago: As subvencións ó deporte federado no ano 2.017 para o fomento do deporte federado tiveron unha dotación duns 250.000€.

A Coruña: Dotou para o ano 2017 unha partida de 320.000 € para a convocatoria de Promoción e o Fomento do Deporte. Estas axudas chegaron a 106 clubs cun importe máximo concedidos duns 12.500 euros.

Vigo: A cidade olívica habilitou 850.000€ para entidades e eventos neste ano 2018. Dicir que a área de deportes do Concello de Ourense ten unha dotación orzamentaria específica para eventos deportivos de 100.000€.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.