Actividades 

Convocatoria de Bolsas a deportistas individuais 2017 do Concello de Ourense

Consello Municipal de Deportes de Ourense

É obxecto da presente resolución establecer as bases reguladoras que rexerán a convocatoria de bolsas para a mellora e perfeccionamento de deportistas que destaquen, na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas recoñecidas, durante a tempada ou anualidade de convocatoria, e cumpran os requirimentos e obrigas impostos nas presentes bases.

Non se considerarán participacións individuais nas seguintes modalidades: relevos, participación por equipos/seleccións, nin probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúen simultáneamente máis de un integrante do mesmo equipo.

Para obter máis información véxanse os documento “Bases” e “Anexos 2.017” que se atopa ao final desta páxina. A Convocatoria foi publicada no BOP nº194 do 24/08/2017 e as bases que rexen o procedemento no BOP nº 92 do 24/04/2015.

Convocatoria_24082017

Bases-Reguladoras-Bolsas-a-Deportistas-Individuais

Anexos-2017

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: