Actividades Es noticia 

O Consello Municipal de Deportes colabora no proxecto formativo “La Vuelta Junior Cofidis”

La Vuelta Junior Cofidis

O Consello Municipal de Deportes de Ourense está a colaborar nun programa de formación en ciclismo e educación vial baixo a denominación La Vuelta Junior Cofidis.

¿Qué é A Volta Junior Cofidis? A Volta Junior Cofidis é un proxecto pedagóxico impulsado por varias entidades comprometidas co ciclismo: a Asociación de Ciclistas Profesionais, a Fundación Deporte Novo do Consello Superior de Deportes, Unipublic, organizadora da Volta e a financeira Cofidis.

Esta iniciativa celébrase co obxectivo de transmitir aos nenos e nenas participantes os moitos valores que lles achega a práctica do ciclismo, como o compañeirismo, a convivencia, o traballo en equipo, ou hábitos de vida saudables, entre moitos outros. Canalizando a paixón por este deporte e enfocándoa á formación dos máis pequenos.

Con David Abal como monitor da aula, está actividade consta de sete accións formativas en sete centros públicos da cidade. O proxecto arracou no CEIP Mestre Vide e completarase no mes de xuño no CEIP Albino Nuñez.

ACTIVIDADES BICICLETAS VUELTA ESCOLAR 2018

Nº de bicis por centro educativo: 15 cadro pequeno

  • 1ª acción: semana 2 ao 6 de abril.
    • CEIP Mestre Vide
  • 2ª acción: semana 9 ao 15 de abril.
    • Colexio Público Irmáns Vilar
  • 3ª acción: semana 16 ao 22 de abril.
    • CEIP A Inmaculada
  • 4ª acción: semana 1 ao 6 de maio.
    • Colexio Público Amadeo Rodríguez
  • 5ª acción: semana 7 ao 13 de maio.
    • CEIP Manuel Sueiro
  • 6ª acción: semana 23 ao 28 de maio.
    • C.E.I.P. Vistahermosa
  • 7ª acción: semana 30 de maio ao 4 de xuño.
    • CEIP Albino Nuñez

Noticia: Consello Municipal de Deportes de Ourense

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.