Actividades Es noticia 

O CEIP Curros Enríquez de Celanova e o xornal O Sil distinguidos nos Premios Deporte Galego 2016

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados

Premios Deporte Galego do ano 2016

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2016 que se entregarán o vindeiro día 21 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2016, e distinguen este ano 17 categorías; aínda que, a proposta do xurado, outorgaranse dous premios ao mellor deportista masculino con discapacidade.

Entre os recoñecementos hai presenza ourensana por partida doble. Por unha banda o xornal O Sil é galardonado como Mellor medio informativo e por outra o CEIP Curros Enríquez de Celanova recibe o Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.

Ademais, o recoñecemento á Volta Ciclista a España como Mellor evento deportivo toca de preto a nosa provincia, que grazas o empeño da Deputación Provincial de Ourense, foi protagonista na edición de 2016.

Lista de premiados

  • Mellor deportista feminina: María Bernabéu (judo)
  • Mellor deportista feminina con discapacidade: Susana Rodríguez Gacio (triatlón)
  • Mellor deportista masculino: Cristian Toro (piragüismo)
  • Mellor deportista masculino con discapacidade: David Mouriz Dopico e Agustín Alejos Alonso (baloncesto en cadeira de rodas)
  • Mellor equipo feminino: Club Halterofilia Coruña (halterofilia)
  • Mellor equipo masculino: Hockey Club Liceo (hóckey patíns)
  • Mellor equipo de deportistas con discapacidade: Club Baloncesto Amfiv (baloncesto en cadeira de rodas)
  • Mellor entidade na promoción do deporte de base: Victoria Club de Fútbol (fútbol)
  • Mellor adestrador ou adestradora: Rosa García (patinaxe)
  • Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Francisco Jorge García Romero (hóckey patíns)
  • Mellor labor informativo: O Sil
  • Mellor evento deportivo: Vuelta Ciclista a España (ciclismo)
  • Mellor patrocinio deportivo: Pescados Rubén
  • Mellor deportista revelación: Irene Blanco (halterofilia)
  • Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Concello de Marín
  • Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Votorantim
  • Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: CEIP Curros Enríquez de Celanova

Noticias relacionadas