Xa está dispoñible, no apartado de Bolsas a deportistas e nos documentos asociados a este artigo, a resolución do 15/9/2014, do Consello Reitor  do Consello Municipal de Deportes, pola cal conceden as bolsas a deportistas individuais do ano 2014 convocadas no BOP 58 de 12 de marzo de 2014.

Pode acceder a toda a documentación do procedemento, facendo clic aquí.

Poderían beneficiarse das bolsas previstas nesta convocatoria os deportistas individuais que reúnan os seguintes requirimentos:

  • Estar inscrito no Padrón municipal do Concello de Ourense.
  • Dispoñer de licenza en vigor por algunha Federación Deportiva Galega, con un ano, como mínimo, de antigüidade. No caso de modalidades deportivas non integradas en federacións deportivas galegas, será considerada a licenza estatal.
  • Non estar cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
  • Non estar incurso en causa de exclusión ou prohibición das contempladas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
 

Relacionado con: :