Adianto da apertura en domingos e festivos da piscina Rosario Dueñas
Consello Municipal de Deportes de Ourense
O Consello Municipal de Deportes de Ourense informa que partir do vindeiro 3 de febreiro adiántese en 30′ a hora de apertura da piscina de 50m. en domingos e festivos.
- O novo horario para será de 9:30 a 13:45 (domingo e festivos, agás xullo e agosto que permecerá pechada )
- Os sábados de 8 a 21:45
- E de 7 a 21:45 de luns a venres
Peche diario de 15′ nos vestiarios das piscinas
Asemade o Consello Municipal de Deportes de Ourense, co fin de velar por unha conservación e mantemento axeitado das piscinas municipais de 25 metros (Pedro Escudero) e 50 metros (Rosario Dueñas) do Pavillón dos Remedios, comunica que a partir do 1 de febreiro procederase ao peche, tódolos días durante 15 minutos, dos vestiarios femininos e masculinos correspondentes.