Actividades Atletismo Es noticia 

A Secretaría Xeral para o Deporte e Expourense asinan o convenio para a xestión da pista de atletismo

Foi asinado pola secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e por Jesús Vázquez en calidade de vicepresidente executivo de Expourense

Sinatura do convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e Expourense para a xestión da pista de atletismo

Esta mañá tivo lugar a sinatura do convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, que regulamenta a xestión da pista de atletismo hidráulica cuberta instalada no recinto feiral e inaugurada o pasado mes de decembro. Esta sinatura correu a cargo da secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e actuando coma vicepresidente executivo de Expourense, Jesús Vázquez. Estiveron acompañados polo xefe de servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Mario Guede, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín.

Este convenio regulamenta o réxime de “coordinación da programación das actividades deportivas e feirais e as actividades de mantemento, conservación e funcionamento da pista de atletismo” e implica que será Expourense a entidade encargada de xestionar esta infraestrutura deportiva.

O convenio asinado plasma a coordinación para unha utilización da pista que permita compatibilizar o uso feiral co uso deportivo de xeito eficaz e beneficiando os intereses das dúas partes implicadas.

Noticias relacionadas