Deputacion Provincial de OurenseActividades Es noticia Futbol 

A Deputación de Ourense financia a instalación de céspede artificial no campo de fútbol Paderne de Allariz

A Deputación de Ourense financia a instalación de céspede artificial no campo de fútbol de A Torre, en Paderne de Allariz

  • Manuel Baltar e José Manuel Fernández asinaron hoxe tres convenios de colaboración para actuacións en materia de Infraestruturas neste municipio.
  • Para todas elas, a institución provincial destina un investimento que ascende aos 272.000 euros.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández, asinaron hoxe no Pazo Provincial tres convenios de colaboración entre ámbalas dúas administracións, por medio dos cales se realizarán diversas actuacións en materia de Infraestruturas neste municipio. Entre as iniciativas destaca a instalación de céspede artificial e o peche no campo de fútbol de A Torre, actuación para a cal a institución provincial achega unha axuda de 200.000 euros.

Así mesmo, esta alianza de colaboración fará posible “o asfaltado en varias vías municipais, para o cal destinamos unha axuda de 35.000 euros; e a instalación de bocas de rego en diversos pobos do municipio, cunha axuda de 37.000 euros da Deputación de Ourense”, explicou Baltar. En total, a Deputación de Ourense destina un investimento que ascende aos 272.000 euros, “que permitirán dotar de céspede a unha das infraestruturas deportivas máis importantes do concello e contribuirá ao mantemento das súas estradas, mellorando os servizos que se prestan aos seus veciños en materia de deportes e comunicacións”, salientou o presidente do goberno provincial.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.